galego   castellano  

Laboral

Asesoría Laboral

En ALEA ASESORES o departamento de laboral é o que se encarga de coñecer, analizar e valorar tódolos aspectos nos que a lexislación laboral lle afecta ós nosos clientes, ben sexan empresarios autónomos, empresas mercantís ou asociacións de todo tipo.        

Este departamento está formado por un equipo de profesionais con coñecementos e experiencia suficiente para buscarlle a mellor opción ós clientes respecto dos temas laborais e resolverlle, de maneira inmediata, calquera dúbida respecto a aplicación da normativa laboral, convenios colectivos, riscos laborais, ...



Xestións e actividades máis destacadas

  • Análise das mellores opcións de contratación á hora da posta en marcha dunha actividade empresarial por un novo cliente.
  • Análise, selección e plantexamento das subvencións a tramitar para apoiar a contratación de empregados tanto na posta en marcha da actividade empresarial dun novo cliente como xa unha vez establecido e en funcionamento.
  • Asesoramento integral á hora de tramitar as altas dos empregados, o plan de prevención de riscos laborais, a selección da mutua de accidentes, a contratación do seguro de convenio,....

E por suposto tamén se realizan as xestións máis habituais dos trámites laborais

  • Altas de empresarios autónomos, baixas ou modificacións ante a Seguridade Social.
  • Altas de empregados, baixas ou modificacións ante a Seguridade Social.  
  • Cálculo, elaboración e envío (por email ou por correo ordinario) das nóminas.
  • Cálculo, elaboración e envío á conta bancaria do cliente dos seguros sociais.
  • Atención telefónica para resolver calquera dúbida ou incidencia que se poidese dar con respecto a temas laborais.
  • Atención de todo tipo de requerimientos da Seguridade Social, presentación de recursos, presentación de recursos e actuación ante a Inspección.
  • Tramitacións de prestacións por desemprego.
  • Cálculo e solicitudes de prestacións (xubilacións, pensión de minusvalía, ....).