Fiscal
En ALEA ASESORES o departamento fiscal é o que se encarga de coñecer, analizar e valorar tódolos aspectos nos que os impostos de todo tipo lles afectan ós nosos clientes, ben sexan particulares, empresarios autónomos, empresas mercantís ou asociacións de todo tipo.
Este departamento está formado por un equipo de profesionais con coñecementos e experiencia suficiente para buscarlle a mellor opción ós clientes para que estos soporten a menor carga fiscal que legalmente lles corresponda.
Xestións e actividades máis destacadas
- Análise da posta en marcha da actividade empresarial de un novo cliente.
- Análise, selección e plantexamento das subvencións a tramitar para apoiar a posta en marcha da actividade empresarial de un novo cliente.
- Seguimento constante da actividade empresarial de todos os clientes para ver cales son as mellores estratexias fiscais que legalmente lle corresponden.
- Consulta anual de cales son as inversións que se pretenden levar a cabo polos clientes da asesoría para localizar, tramitar e conseguir a mellor subvención para cada tipo de inversión.
- Colaboración, información e tramitación de todo tipo de préstamos (subvencionados ou non) para a mellor financiación de toda a clientela.
- Asesoramento integral á hora de tramitar o Imposto sobre Sucesións (a efectos de facer os trámites e xestións para recibir a herdanza).
E por suposto tamén se realizan as xestións máis habituais da xestión dos impostos
- Altas de empresarios autónomos, baixas ou modificacións ante Facenda.
- Constitución de sociedades de todo tipo (S.L., S.C., Asociacións, ....).
- Cálculo e presentación da Declaración da Renda, do IVE, do Imposto sobre Sociedades, das Retencións, ....
- Atención de todo tipo de requerimentos de Facenda, presentación de recursos, inspeccións e revisións.
- Redacción e presentación de todo tipo de escritos en todo tipo de Administracións Públicas, tales como Tráfico, Xunta de Galicia, Concellos, ....