galego   castellano  

Contable

Asesoría Contable

En ALEA ASESORES o departamento contable é o que se encarga de levar a contabilidade das empresas (xeralmente S.L.) pero tamén de analizar e valorar a información contable para despois informar ó cliente e, a través dun seguimento continuo e personalizado, discutir con él solucións e melloras na xestión da empresa e na evolución da tributación fronte á Facenda Pública.

Este departamento está formado por un equipo de profesionais con coñecementos e experiencia suficiente para buscarlle a mellor opción ós clientes para que estos soporten a menor carga fiscal que legalmente lles corresponda.




Xestións e actividades máis destacadas

  • Análise continuado e personalizado da evolución empresarial, tanto no aspecto económico e mercantil como no aspecto da fiscalidade.
  • Colaboración, información e tramitación de todo tipo de préstamos (subvencionados ou non) para a mellor financiación de todas as empresas. 
  • Asesoramento integral da fiscalidade empresarial (da Sociedade) e particular (os socios da empresa) á hora de tramitar o Imposto sobre Sociedades.
  • Recepción, seguimento e atención de todo tipo de cartas, comunicacións e requerimientos de Facenda, coa tranquilidade total que isto significa para o cliente.

E por suposto tamén se realizan as xestións máis habituais da xestión contable

  • Contabilización e legalización do libros contables e das contas anuais ante o Rexistro Mercantil. Constitución e disolución de sociedades mercantís.
  • Cálculo e presentación da Declaración do IVE, do Imposto sobre Sociedades, das Retencións, ....
  • Atención de todo tipo de requerimentos de Facenda, presentación de recursos, inspeccións e revisións.