Taller de Novos Medios
O principal obxectivo neste servizo é asesorar ao cliente sobre as necesidades loxísticas que precisa (transporte, almacenaxe e formas de pago) e o estudo dun modelo de negocio online viable en función dos seus recursos, do entorno e da competencia.
Unha vez establecido o modelo de negocio, implantamos a web cun plan de marketing para buscadores (mediante SEO e publicidade), entendendo que o proceso de compra comeza moitas veces fora da web: publicidade en buscadores, buscas orgánicas ou ligazóns externas.
Un dos nosos obxectivos é facer este proceso o máis eficaz posíbel; é dicir, que unha alta porcentaxe de impresións de ligazóns á web acabe en procesos de compra.
As empresas, institucións e particulares deben axustar as súas estratexias a nova situación comunicativa que xurde pola aparición de Internet e as tecnoloxías TIC en xeral, e pola irrupción das redes sociais e ferramentas 2.0 en particular.
A relación entre empresa e sociedade cambiou para sempre, e só os negocios que se adapten a isto poderán aproveitar as oportunidades e sortear así os problemas.
Nós estudamos os recursos dispoñibles de cada empresa e esbozamos un plan de acción adaptado a cada caso.
Grazas ao coñecemento do sector e das empresas galegas que dominan as principais tecnoloxías TIC, estamos en disposición de liderar traballos onde as técnicas da comunicación teñan un papel preponderante. Logo de analizar as necesidades concretas dun proxecto, definimos as tecnoloxías a utilizar e lideramos o plan ata a súa realización final.
A nosa visión do deseño é a de dar solución aos obxectivos propostos polo cliente.
Unha vez definidas as mensaxes e os obxectivos da web, comeza o traballo de execución no que se entenden os sites como entidades que viven nun ecosistema poboado por outras web.
Pensamos nos principais puntos de entrada, potenciamos a visibilidade en buscadores como un método de baixo custe de marketing online e enganchamos aos usuarios con deseños visuais atractivos, utilizables e con contidos de interese.
No existen cupones disponibles